No episodio desta semana acompáñanos a Andrea Otero, psicóloga e taekwondista, para falarmos de artes marciais.
Aprendemos que son as artes marciais e en que se diferencian de calquera pelexa da rúa.
Segue a ser o terreo das artes marciais un ámbito especialmente masculinizado? Como adoitan aliñarse politicamente estes espazos? É necesaria unha división por xéneros nestas disciplinas?
Por suposto, aproveitando a profesión da Andrea, tamén falamos dos beneficios que teñen as artes marciais para a saúde mental e, especialmente, para as persoas neurodiverxentes.
Hai unha idade para comezar ou nunca é tarde? É caro? É realista a representación que vemos no audiovisual das escenas de combate?
Resolvemos todas estas cuestións e moitas máis no episodio desta semana. Agardámoste preparadas e en garda!