Neste capítulo falamos con Marinha Area de asociacionismo e movementos sociais na Galiza, levantando cuestións sobre o papel das asociacións e preguntándonos se ás veces son unha resposta á ineficiencia do Estado ou o reflexo dunha sociedade civil participativa. Abordamos a dependencia do financiamento público e o risco de instrumentalización política, que pode transformar en ocasións as asociacións en apéndices de partidos.
A participación é tamén un punto central, falamos da súa efectividade, especialmente online, e tamén da renovación xeracional. Están as persoas máis novas desinteresadas e desmobilizadas? E ti? estás disposta a involucrarte neste programa?