Listen

Description

Neste último episodio das Womansplaners contamos coa colaboración de María Calvo, oceanógrafa e divulgadora científica. 

O mar é vasto e o tempo é pouco, pero abordamos ao noso xeito cuestións como a preservación do medio mariño e o que pode interferir levar a nosa mascota á praia, apañarmos esa cuncha tan vistosa que encontramos ou irmos a unha festa gastronómica.

Algúns destes puntos entroncan co tema do impacto do turismo. Trátase realmente dun motor económico? É verdade que algunhas vilas non poderían subsistir sen turistas?

E falando de existencia e subsistencia, non podíamos esquecer a mudanza climática e a subida do nivel do mar, que tantas consecuencias van ter para nós.