No episodio desta semana acompáñanos a Carmen Figueiras, arquitecta lucense e fiel ouvinte das Womansplainers. Coa súa axuda resolvemos as nosas dúbidas sobre un evento canónico que, tarde ou cedo, chega á vida de moitas: a reforma.
Cal é a diferenza entre reformar e rehabilitar? Que partes dunha casa paga máis a pena reformar? Cales son os SIS e os NONS á hora de facer unha reforma?
Falamos de burocracia, da evolución dos estilos decorativos nos últimos anos e da falta de referentes de mulleres arranxando cousas.
Se queres coñecer cal é o estilo "Remordimiento español" e, por suposto, as nosas dicas favoritas, non perdas detalle das womansreformas!