Listen

Description

Coñecín a Abel a través dun grupo de seguidores dun programa da TVG, e dende o momento inicial houbo entendemento. Un rapaz novo, que se fixo a si mesmo. Marchou da casa para aprender a cociñar, traballou no sector da hostelería e a día de hoxe repara motores na súa tenda de Paiosaco. Agardo vos cadre tan ben como me cadra a min. Contra o final, a cousa convírtese nunha conversa real entre amigos, onde él tamén me pregunta a min.