SER Deportivos de luns no que botamos unha ollada polo deporte da fin de semana lucense. Analizamos o empate colleitado polo Club Deportivo Lugo en Montilivi ante o Girona no segundo partido de Luis César como adestrador albivermello. Falamos tamén sobre a vitoria do Durán Maquinaria Ensino con Loly Vilares. Viaxamos ata Boiro onde a nosa compañeira Sara Meijide entrevistaba a Diego Taboada tan só minutos máis tarde de clasificarse co Arenal Emevé masculino para os play off da Superliga Masculina 1. Miguel Albo traenos a última hora do Pescados Rubén Burela e con Marcos Fernández dende Futbolinlugo.es analizamos a pasada xornada na Terceira División futbol masculino.