Listen

Description

T02 E05 PERSOA-MUS (Episodio 04) (12/05/22)



PerSoa-Mus é un proxecto de búsqueda, de encontro, de reencontro e descubrimento da propia voz, do que son, de que son, do meu son. Vencellado á materia de Formación auditiva e adestramento vogal pretende a posta en público dende o formato radiofónico dos autorretratos sonoros do alumnado que se busca desde a propia voz, as paisaxes sonoras, a cor instrumental.

Nesta segunda achega descubriremos as Per-Soas de Mariola González, Anfry Sukovich e Celia González nun encontro necesario porque, se non coñecemos as nosas voces, como poderemos expresarnos?