InnovaMUS é un espazo reservado para todas aquelas achegas creativas que, en moitas ocasións xorden timidamente nas aulas. A creatividade é algo inherente á nosa profesión e, non obstante, por veces cae no esquecemento. Interdisciplinar e vinculado a moitas materias do currículo das nosas ensinanzas, cada proxecto pode ter aquí un espazo no que publicitarse, no que compartir achegas e descubrir moitas posibilidades educativas e profesionais para o presente e o futuro.
Nesta primeira entre veremos tres proxectos interdisiplinares para diferentes ámbitos educativos que xurdiron na materia de Coreografía e danza, froito do enriquecedor traballo en pares e, por ende, da colaboración mutua. E é que moitas veces o pensamos, pero, en realidad hai tantas fronteiras?