Listen

Description

Moitas veces, estando migrantes, xurde en nós a necesidade de tender unha ponte coa terra e un xeito de facelo é producir un podcast en galego.

Para contarnos a súa experiencia están hoxe connosco: Silvio Falcón (@carallobueno), María Sabarís (@ForadeMapa), Carlos Barros (@LondonMadrina) e tamén a nosa querida compañeira Cristina Terceiro (@viaxantas). Están lonxe, espallados pola Europa, mais ao mesmo tempo moi preto.

00:00 Anteriormente en...

00:40 Inicio

01:17 Benvidas

02:24 Presentación dos proxectos

05:45 Que vos levou a facer un podcast en galego desde a diáspora?

12:36 Morriña ou pandemia?

20:10 Audiencias "locais"?

25:00 A conexión coa comunidade

32:44 O "bisté": Bueno Carallo Bueno vs Mimadriña!

35:45 Novas entradas no directorio

36:13 Consultorio técnico

40:56 Os podcásts recomendados

48:12 Off the record

Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).

Consultorio técnico: Jorge Lama (@raivenra).

Aviso: Obviamente, non publicamos a "cousa secreta" que María nos contou off the record, é todo unha montaxe para facer risa.

Créditos:

Sintonía Oíches? (Midnight Lights, de WhatFunk, CC-BY),Sintonía Consultorio (Local Forecast - Slower, de Kevin MacLeod, Simplified Filmmusic.io Standard License), recursos sonoros do consultorio (Arquivo sonoro da BBC, BBC’s Content Licence for RemArc).