Listen

Description

Estamos aprendendo a tomar consciencia como sociedade de que “Non é non”, sobre todo no contexto sexual. Estamos aprendendo a que non hai que dicir que si a todo por sistema ou porque é o que se espera de nós nin tampouco debemos interpretar que un “non” é unha invitación a seguir insistindo. Paréceme esencial aprender a respectar o “non” das demais así como identificar o propio “non”. Con todo, tamén vexo moi necesario educarnos para que, unha vez identificado e comunicado que non queremos algo, non nos torturemos polo que poidan pensar ou facer as demais.
Por suposto, tamén recibimos o “non” por parte das demais persoas e iso lévanos directamente a mirar cara fóra e ancorarnos na posición de vítima mentres apuntamos co dedo acusador á persoa que nos dixo que “non” converténdoa en responsable do noso malestar, dor e frustración. Porén, ese “non” que recibimos é unha oportunidade de mirar cara dentro para descubrir que hai detrás desas emocións: medo a  non ser amadas, medo a non ser válidas e medo a quedarnos soas.