Este é un episodio moi especial porque estarei acompañada. A nosa cómplice de hoxe chámase Amelia. É un ser humano incrible, un gran referente de muller que, ademais, é a miña avoa. Convideina a conversar no espazo de Unha pedra no zapato porque ela abeira unha gran sabedoría vital que me encantaría poder compartir convosco. Así que aquí estamos difundindo polas ondas un pouco de Amelia para o mundo.
Hoxe imos falar do descubrimento do esencial na vida de cada quen e do compromiso que require ese treito entre o dito e feito.
As persoas que tedes anciás no voso entorno, celebrádeo moito porque son verdadeiras bibliotecas da vida! Esteades de acordo ou non co que din, sempre se aprende moito escoitando ás persoas maiores.