Listen

Description

Este é un episodio diferente porque estarei acompañada. A nosa cómplice de hoxe chámase María, alias Marita. É unha muller marabillosa, todo un referente que, ademais, casualmente é a mai que me pariu. Convideina a conversar no espazo de Unha pedra no zapato porque a súa sabedoría é moi especial, misteriosa, profunda, ... e encantaríame que a comparta convosco. Así que aquí estamos difundindo polas ondas un pouco de Marita para o mundo. 
Hoxe imos falar da señardade, ou o que é o mesmo: a soidade.
A pesar das diferenzas xeracionais, de opinión ou de estilo de vida e do moito que inconscientemente xulgamos a aquelas que nos preceden; abrir un espazo para conversar coas nosas proxenitoras é sempre valioso.
(Por se estades interesadas, o sabio do que falo no podcast chámase Sadhguru e podedes atopar vídeos seus moi facilmente en Internet.)