Listen

Description

A misión de vida xorde na intersección entre o que se nos dá ben e o que a outra persoa necesita. É dicir, é aquilo que nos resulta doado facer, que nos encanta e que pode facilitarlles a vida a outros seres humanos dalgunha maneira. Trátase de algo concreto e tanxible e non de grandes proezas das que se deriva un recoñecemento público. Porque se pensamos que a misión de vida ten que ser algo heroico e iluminado tipo María Teresa de Calcuta ou Gandhi, probablemente a presión que supón imaxinar que ten que ser algo grandilocuente impedirá que descubramos a nosa misión de vida. 
Compártovos algunhas preguntas para facérmonos e quen sabe, se cadra poden axudarnos a descubrir a nosa misión de vida:
Que me agradecen a miúdo as demais persoas? 
Se me quedase un ano de vida: que faría? 
En que se me pasa o tempo voando? Que se me dá ben de maneira natural? 
Estou rodeada de persoas que me apoian? 
Se non tivese medo e non me importase o que a xente opina, que me gustaría facer? 
Como me gustaría ser recordada? 
Se soubese que vou ter éxito, que me atrevería a facer? 
Como pode axudar e poñerse ao servizo da comunidade aquilo que me encanta e para o que teño facilidade?