O 10 de outubro celebrouse o Día Internacional da Saúde Mental e este é un claro exemplo dun dos ámbitos nos que máis nos custa pedir axuda. Da mente nacen os pensamentos, interpretacións, sentimentos, reaccións psicosomáticas, estados de ánimo, comportamentos, ... É dicir, practicamente todo! Polo tanto, a mente condiciona a nosa capacidade para relacionarnos coas demais e para desenvolvernos no noso día a día. Trastornos de ansiedade, trastorno de pánico, trastorno obsesivo-compulsivo, fobias, depresión, trastorno bipolar, trastornos do estado de ánimo, trastornos da alimentación, trastornos da personalidade, trastorno de estrés postraumático, trastornos psicóticos, esquizofrenia, ... Quen corre o risco de presentar unha afección mental? Pois calquera de nós, xentiña! Así como temos normalizado ir á médica facer unha revisión anual polo que a nivel físico e hormonal se refire, tamén debemos ocuparnos do noso estado de saúde mental. Coidar de nós é o primeiro paso antes de poder ter conta de calquera outra persoa ou situación.
Artigo do que vos falo no episodio: https://lamenteesmaravillosa.com/tipos-de-terapias-psicologicas/