Listen

Description

Dilapidamos enerxía e atención moitas veces onde xa non é necesario o investimento emocional, mental, físico ou espiritual. Quedamos enganchadas a seguir mantendo certas situacións, cousas e relacións por medo á incerteza que supón soltalas, por medo ao baleiro e á soidade, por medo a perder a sensación de seguridade que nos fai sentir aquilo coñecido. En xeral, cústanos moito descartar, é dicir, seleccionar o que se queda e o que se ten que ir.  Resistímonos a soltar porque tememos quedarnos soas, non ter abondos bens materiais nin  oportunidades. Outras veces, a operación non é tan proactiva pola nosa parte e tócanos deixar ir situacións, cousas ou persoas a pesar de non desexar que iso sexa así. Todo ten a súa función, espazo e tempo na nosa vida, pero os seres humanos pretendemos controlar e reter o que acontece no punto que cremos que nos convén máis para que non se modifique.