Listen

Description

Estamos a dar a batalla eurovisiva nas fileiras mekemekes!

Todo parece continuar igual como este tempo seco e estábel, máis aquí estamos os mekemekes para tentar equilibrar ou xa facer completamente caóticas de todo as cousas. Carlos usa o noso espazo para dar continuidade (realmente establecer a paz) a unha batalla persoal que mantivo nas redes co artista Rayden, que compite no Benidorm Fest coas nosas tan queridas Tanxugueiras por ver quen acada o único boleto para ir a Eurovisión, entre outros moitos e moitas artistas.

Miguel centra a súa sección por primeira vez na nosa historia nunha única cousa e vennos a falar da carreira cinematográfica de James Gunn, o único director que traballa ao mesmo tempo para o universo Marvel e para o de DC. Cousa rara, e máis despois de saber que Disney o botará (para volvelo contratar aos poucos meses) en 2018 por uns polémicos chíos que o director publicará hai xa máis de dez anos.

Xubi pecha o programa facendo uso persoal do espazo mekemeke para promocionar un concerto que dará o seu grupo Bigornia este sábado 29 de xaneiro en Compostela, mais tamén nos trae un bo tema sobre o que falar: o mundo dos kebabs, no que descubriremos cal foi o primeiro local en Galiza ata que, por exemplo, en Ferrol bótenlle olivas, ou incluso, que algúns o fan cun pan de cor rosa.

A diversión está servida!