Listen

Description

Feliz 2022, mekemekes! Seguimos vivos e cargados de enerxía para seguir dando ghuerra. Ano novo, vida nova, ou iso din, máis parece que todo sigue igual, pero aquí estamos nós para irradiar algo de luz, ben igual iso é unha sobrada, aínda que vámolo intentar coma sempre.

Carlos, como non é suficiente co que xa temos enriba e despois de dous anos, vennos a botar a pandemia máis as costas cun polémico mais divertido cuestionario para ver se estamos preparados para este presumible terceiro ano. O mekemeke Miguel fálanos de como sobreviveu o seu confinamento preventivo botando man de todo un clásico dos videoxogos: o Doom e as súas novas versións modernas saídas  fai nada, aparte tráenos tres filmes que desenvolven a súa premisa e os seus conflitos entorno aos agasallos. Xubi pecha o programa divagando sobre Turboman, un xoguete que pertence a un clasicazo do Nadal dos anos noventa que vai dun Pai, interpretado polo tito Arnold, que ten que buscarlle a contrareloxo este cotizado xoguete para o seu fillo. Con esta premisa desenvolve a súa sección para falar da mítica, impoñente e controvertida figura de Arnold Schwarzenegger. 

Coma sempre graciñas por escoitarnos e tede moi boa semana mekemekes!