Non estabamos mortas nin de parranda, só que a vida nos pasou un pouco por enriba. Hoxe traemos un novo capítulo especial como promesa de que volveremos, malia que aínda non sabemos moi ben as condicións. Para celebrar o regreso haberá que sacar as nosas mellores galas e diso algo deben de saber desde Ruliña Fashion Show, un novo proxecto impulsado por xente tan nova que nos fai sentir vellas a nós e que busca crear un espazo para os deseñadores emerxentes da moda galega. Chega o verán, facemos xa o cambio de armario?