Oliiii!!!! Último domingo de febreiro e toca (redobre de tambores) DOMINGO MERAKI!!! Para o capítulo de hoxe non hai mellor forma de comezar que coas sabias palabras de Olivia Rodrigo, porque está claro que “co-comparison, is killing me slowly”.
É o mesmo a competitividade que a envexa? Comparámonos coas nosas amigas? Como nos afectan as redes? Pódese sentir orgullo e ciumes á vez? Como se relaciona todo isto coa nosa autopercepción? Pfffff, que móvida iso de ser humanas e ter sentimentos censurables... ou non? Todo isto e moito máis no epi de hoxe. Dádelle amor para que non teñamos que compararnos cos proxectos doutra xente porfi (é bromis)