Un domingo máis volvemos cun novo Meraki para falar sobre os soños, os de durmir e os outros.
Dende que somos cativas aprendemos a soprar os dentes de león, tocarnos o nariz cando dan as 11.11, recoller trebos de boa sorte e apagar candeas pensando naquilo que máis queremos. Hoxe vimos a compartir con vós todo o que ronda pola nosa cabeza cada vez que vemos unha estrela fugaz. Sempre coa esperanza de que iso de que os soños se se din en voz alta non se cumpren sexa un falso mito.
Así, abrimos o noso corazón e subconsciente para falar das cousas coas que soñabamos de pequenas (ou agora), da romantización dos soños, de como inflúe a nosa contorna nas cousas ás que aspiramos ou de como facer para "perseguir os teus sonos". Así que, xa sabedes, coidado co que desexades e non deixedes nunca de soprar dentes de león porque de soños tamén se pode vivir.