Aínda que imos sacar un episodio cada dúas semanas, coa emoción da estrea imos lanzadas e traemos, sen agardar máis, outra entrega onde Duarte será o encargado de narrar un novo enigma. Trataremos a historia do Manuscrito de Voynich, Atlantis, as linguas mortas e o moito que nos gustan as palabras que empezan por archi-.