Listen

Description

Os naufraxios, xa sexan reais coma o do Prestige ou figurados coma o do Correo Gallego, teñen consecuencias impredecibles. 

Poden ser a aparición dun porto que presuntamente vai ser a solución como porto refuxio ou, tamén presuntamente, a adquisición de pisos a nome de persoas que pasaban non moi lonxe da traxedia.

Neste episodio Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro lembran o que facían cando tiveron primeira noticia do Prestige e sorpréndense moderadamente co comportamento da Xunta de Galicia en relación a El Correo Gallego.