Listen

Description

Este martes chegamos cun dos membros de Chévere, desta vez presentando “Recortes, caneos e outras formas de driblar” como parte do equipo que Ainé Producións e o CDG poñen en xogo no Salón Teatro e despois en xira por Galicia. David Lojo, trompetista de jazz, tráenos o seu disco Road To Balance. Facemos de punto de encontro interxeracional. Aproveitamos para charlar con eles de fútbol, raíces do jazz, situación da cultura galega…tendes que escoitalo.