Durante a Segunda República española, o hóckey feminino en Galicia adiantou ao masculino. Os equipos de hockeywomen eran moi populares e contaban cunha importante afección e con directivas conformadas por mulleres. Entre elas, destacou a viguesa Antonina Sanjurjo, un deses referentes que aínda non atopamos nos libros de historia, a pesar de ser pioneira do deporte galego. No mes de xuño a colección AQUÍ FALTAN PÁXINAS presenta á que hoxe é considerada “nai” do hóckey sobre herba en Galicia, ademais dunha profesional comprometida coa súa terra no plano político e laboral. Neste faladoiro guíanos a investigadora Cristina López Villar, integrante da rede internacional de investigación en historia das mulleres e o deporte, e autora, entre outras publicacións, do libro Pioneiras do deporte en Galicia, no que se inclúe a historia de María Antonia Sanjurjo Aranaz.