Listen

Description

Durante a Segunda República española, o hóckey feminino en Galicia adiantou o masculino. Os equipos de hockeywomen eran moi populares e contaban cunha importante afección e con directivas conformadas por mulleres. Entre elas, destacou a viguesa Antonina Sanjurjo, un deses referentes que aínda non atopamos nos libros de historia a pesar de ser pioneira do deporte galego. No mes de xuño a colección Aquí Faltan Páxinas presenta a que hoxe se considera nai do hóckey sobre herba en Galicia, ademais dunha profesional comprometida coa súa terra no plano político e laboral. Neste faladoiro guiaranos a investigadora Cristina López Villar, integrante da rede internacional de investigación en historia das mulleres e do deporte, e autora, entre outras publicacións, do libro Pioneiras do deporte en Galicia, no que se inclúe a historia de María Antonina Sanjurjo Aranaz. O faladoiro terá lugar o luns 19 de xuño ás 19 horas na sede da Deputación de Pontevedra na cidade de Vigo.