Listen

Description

A colección AQUÍ FALTAN PÁXINAS presenta a María Vinyals, unha das pioneiras do feminismo en Galicia xunto a Emilia Pardo Bazán, coa que conversab no Castelo de Soutomaior, onde naceu e viviu esta aristócrata galega coñecida como a Marquesa Roja por ser unha firme defendesora do ideario socialista. Escritora, articulista, artista, conferenciante e sufraxista, foi unha das primeiras mulleres en formar parte da Real Academia Galega. En 2016, en recoñecemento ao seu legado, a Deputación de Pontevedra creou a Escola de Igualdade María Vinyals. Neste faladoiro adentrámonos na súa apaixonante vida da man da escritora Isabel Blanco, autora do ensaio María Vinyals. Un talento rebelde ( 2018).