Listen

Description

Programa no que, ademáis de comezar repasando moitos motivos de Alegría (ainda que semelle imposible) falamos cun dos fundadores da asociación Sen Ánimo de Nome sobre a actividade que preparan o sábado 8 de outubro na Fundación Luís Seoane dende as 19 horas. 

Repasamos as cifras catastróficas de participación nas eleccións galegas dende o extranxeiro, uns detalles económicos moi chamativos e, ademáis de escoitar boa música, percorrimos a programación da 21ª Tempada de CUAC FM que comezaba o pasado 1 de outubro. 

Ah! E escoitamos a Rosa María Calaf animando á xente a escoitar e protexer a medios como CUAC FM

https://www.youtube.com/watch?v=NJkJpvBRno0