Coa forza de Valentina Tereshkova e Alexandra Kollontai, o noso submarino navegou por un océano morado para atopar a mulleres nucelares que aportaron moitísimo no mundo da subcultura no que nos movemos. Sen mulleres, non habería mar no que navegar, nin aire que respirar nin universo para vivir, e sen periscopio, non poderiamos traer as novas máis interesantes da semana, con gatos babosones, retornos moi esperados e apariciones inesperadas.
Achegámonos aos anos 80 para que as Bangles nos ensinaran como camiñar ao estilo exipcio, abrimos a escotilla para convidar a Olga Osorio, directora de cine e mestra, e contounos cousas ben interesantes do seu traballo. Logo, tivemos que pechar a escotilla para mergullarnos nos videoxogos, libros, series e películas nas que as mulleres son as protagonistas.
Tamén tivemos música:
Peaches, "Boys Wanna be Her"
Versión a piano do tema "Mother", de Pink Floyd
Heart, "Momma Why"
PJ Harvey, "Rid of Me"
Hoxe, non se cabía no submarino con tanta mullerasa, e iso que son 113 metros de eslora.