Unha nova travesía levounos por un océano de caldo, de caldo de corpos quentes e sabrosos para traspasar a fronteira do prohibido e do macabro. Para iso estamos nun submarino nucelar soviético, para cruzar todas as fronteiras inimaxinables. Izamos o periscopio para coñecer todas as novidades do mundo nucelar, que non foron poucas.
Sintonizamos na radio a música caníbal dun grupo que non o parecía; The Police con "Friends", un tema cunha letra moi peculiar. Na biblioteca limos un fragmento de "Carne Compartida", do saturado George R.R. Martin, unha obra sobre canibalismo, ciencia ficción e sociedade.
Durante a travesía paramos pola lexendaria Illa de Todas Gamers, onde dicían que habitaba unha tribu de misteriosas amazonas. Atopamos a unha delas, Helena, e falamos do ben e do mal e aprendimos a vender cabras, unha actividade impostantérrima.
Mergullámonos de cheo nas receitas caníbales na literatura, cine, series e videoxogos. E todo elo coa música de:
Megadeth, "She Wolf"
Banda sonora de "Ravenous"
Korn, "Narcissistic Cannibal"
Cando teñas fame, xa sabes que programa escoitar.