Listen

Description

Algo raro pasou hoxe no submarino que desapareceu media tripulación e houbo un estropicio na sala de máquinas, o cal provocou diversos fallos do sistema. Tal vez foi un Alien ou algo peor, como por exemplo a inutilidade manifesta do camara Lamelov á hora de manexar o reactor nucelar.



Aínda con problemas, o noso submarino foi quen de continuar coa súa travesía para falarvos de Alien, a obra mestra de Ridley Scott que deu lugar a todo un universo de misterio e de terror que aínda hoxe perdura, a pesar de que Ridley ya hai moito que perdeu o norte. Alien, o oitavo pasaxeiro, o xenomorfo perfecto e puro que liouna parda na Nostromo estivo hoxe de visita pola nosa nave. E notouse.

Tivemos a música de Crobot, ou tentámolo, co tema "The Legend of Spaceborn Killer", que non sonou na Sala de Radio, pero podemos imaxinalo, e abrimos a escotilla para traer a María Núñez, directora do FKM, o festival de cinema fantástico de A Coruña. Falounos do festival e tamén de Alien, e falou ben.

E logo megullámonos no mundo de Alien con historias curiosas da película e tamén do videoxogo Alien Isolation.

E a música foi de:

Ace Freeley, "Outer Space"

Alien BSO, "Hunter Hunter"

Tool, "Roseta Stoned"