Os borrachos navegan no cofre do morto bebendo ron, que non é o mesmo que o vodka, pero non está mal de todo. Hoxe arriamos provisionalmentea a bandeira comunista e puxemos a bandeira pirata para navegar polo caribe e visitar a Illa Tortuga, concretamente a súa taberna lexendaria. Si, falamos de Piratas, de ron, de alquitrán, de abordaxes e de cremas solares.
Na nosa singladura estabamos moi preocupados polo sol do Caribe, xa sabedes que somos máis ben de zonas frías, asíq que pedimos consello á gloriosa científica Gloria García Bello, química e divulgadora científica que leva o portal dimetilsulfuro.es , onde fala dos secretos e lendas da química.
Na sala de radio tivemos a unha banda pirata escocesa como son Alestorm, co seu tema impronunciable "Keelhauled", que a saber o que quere dicir.
E logo mergullámonos, coma sempre, na inmersión piratil para contarvos cousas de cine, literatura e videoxogos.
A música foi a de:
Village People, "In The Navy"
Lagerstern, "Dreaded Skies"
Korpiklaani, "Vodka"
Sempre a babor, por favor