Listen

Description

Despois das nosa longas singladuras polos océanos do descoñecido, místico e misterioso, é tempo de descansar nunhas gloriosas vacacións na nosa terra nai. Non sen antes falar da Terra Media e do universo de fantasía creado pola privilexiada mente de J. R. R. Tolkien. Si, camaradas, hoxe rematamos a primeira tempada do Loco Iván, foron 27 programas que agardamos que, polo menos, serviran para que saíra unha sonrisa das vosas caras.

Hoxe falamos de Tolkien, pero tamén escoitamos a Leonard Nimoy cantando a "Ballad of Bilbo Baggins", lemos un relato que puxo as cousas no seu sitio e tivemos a sorte de contar cun experto en temas tolkinianos; Jesús Iglesias Rosende, membro da organización secreta Sociedade Tolkien.

Mergullámonos nas diversas ramas do tolkianismo dentro dos videoxogos e do cine, ademáis de anécdotas personais.

E puxemos música de:

Medadeth, "This Day We Fight"

O Señor dos Aneis BSO "A Comunidade do Anel"

Blind Guardian, "Thorn"

Volvemos despois do verán.