Hoxe tivemos unha gloriosa revolución no submariño nucelar que levou á camarada Derevko aos mandos de toda a tripulación. A camarada Svetlana Ibarruri fou destituida ata que cumpra as nosas condicións, que son as de seguir como estabamos ata o de agora.
No motín de hoxe poidemos escoitar as novas máis destacadas da semana, ler un relato do gran Terry Pratchett e dúas entrevistas siderais na nosa sala de sónar; Emma Ríos, gran debuxante de banda desenada e ilustradora galega, e Markus, alma máter de Código Cero, informativo dixital en galego.
Tamén poidemos escoitar o Lazarus de Bowie, All the People Who Died, de Jim Carroll, o tema de The Witcher 3, Yennefer Theme e Badlands 2, da banda sonora de I-War Edge of Chaos.
E logo falamos das nosas cousas, recomendamos películas, series e videoxogos. E celebramos o glorioso aniversario da fundación da URSS
Moito que escoitar