Listen

Description

Que mellor xeito de celebrar o nacemento de Isaac Newton que con música, con bandas sonoras míticas que acompañan a videoxogos, series, películas e politonos. A música mola, e bailar, e por iso fixemos un repaso a unhas poucas bandas sonoras lexendarias para poñer a bailar a toda a tripulación. Quedaron fora moitísimas, pero non caben todas nunha soa viaxe así que tal vez fagamos outro programa sobre música máis adiante. Ou non.







Ademáis tivemos a sorte de falar con Manuel Cráneo, organizador de Coruña Gráfica, para falar de humor, algo tan importante como necesario. Unha conversa que tiñamos pendente, como recordaredes. Limos un fragmento de "O Nome do Vento", de Patrick Rothfuss, e logo fixemos unha viaxe pola música máis musicola, non sen dificultade polos botes que pegaba o submarino.

E tamén houbo cancións:

- Kool & The Gang, "Jungle Boogie"

- "Nothing Else Matters", de Metallica, "Brothers in Arms", de Dire Straits e "Here Come the Sun", de The Beatles, versioneadas a laúd

- "From Whom the Bells Toll", de Metallica