Listen

Description

Despois das nosas extensas singladuras polos mares do descoñecido, volvemos a falar dos torpedos do ano, o mellor e o pior da literatura, videoxogos, películas, cómics e series según o criterio da nosa gloriosa capitana, que é tan gloriosa que deixa que a tripulación opine o que ela quera que opine. Longa vida a Capitana Svetlana Ibárruri!







Ademáis dos torpedos do ano, tivemos a sorte de contar coa tamén gloriosa Concelleira de Igualdade e responsable de seguridade do Concello da Coruña que nos falou do desfile Imperial vulgarmente coñecido como "Cabalgata". Rocío deu consellos para suavizar a ranciedade tradicional deste tipo de desfiles.

Ademáis tivemos na Sala de Radio a música de Prophets of Rage co tema "Unfuck the World", un consello para comenzar con enerxía o ano. E ademáis amenizamos a velada coa música de:

Amplifier, "Kosmos"

Dubvirus, "Razorgirl"

Code Orange, "Bleeding in The Blur"