Listen

Description

Na URSS non temos supersticións, así que fixemos o programa 13 sen medo á mala sorte, algo que non gustou moito aos electroduendes. Levamos o noso submarino de viaxe polas zonas máis inhóspitas do universo coñecido e descoñecido, lugares onde a vida é dura e difícil, como en Prypiat, Fukushima, Marte, Manchester ou Meicende.





Un dos lugares máis inhóspitos do universo é o planeta Arrakis, e por iso limos un fragmento de Dune, de Frank Herbert, e logo tivemos a un tipo de New Jersey na sala de Radio co tema "Badlands". O mellor do programa foi a presencia de Teresa Mendi, da ong coruñesa Aire, que vela pola seguridade das persoas que están en campamentos de refuxiadas, como o de Arxel.

E xa na inmersión, fixemos unha mergulladura polos lugares máis inhóspitos e indómitos da literatura, cine, series e videoxogos.

Acompañounos a música de:

Great White, "Desert Moon"

OST Dune

OST Stalker (Tema Principal e guitarras)