Listen

Description

No noso submarino temos predilección polas grandes aventuras. viaxamos desde Murmansk ata o río Monelos case sen despeinarnos, sobre todo o noso xefe de torpedos, que non se despeina nunca. Grandes aventuras, viaxes cheos de emoción e historias para contar nas películas, libros, series e videoxogos.







Pero as viaxes máis longas dentro do noso planeta son as que fan as aves, tal e como nos contou o glorioso camarada Antonio Sandoval, ornitólogo e megaexperto no tema. Tamén tivemos a música de U2 para a primeira película de Tomb Raider e limos un fragmento de "As Aventuras de Allan Quatermain", de Sir Henry Ridder Hagard.



E coa música de Canned Heat, "On the Road Again", e Bitting Elbows, "Bad Motherfucker", e a banda sonora de After Hours para acompañar o relato.