Listen

Description

O maior crime de todos é o capitalismo, ben o sabemos, pero no programa quixemos falar de crimes nas obras que nos gustan da literatura, cine, videoxogos e música. Grandes crimes, asasinatos en serio e sesudas investigacións para descubrir aos criminais. E como falamos de crimes, tivemos a sorte de poder contar cun grandérrimo escritor ourensán de novela negra, Diego Ameixeiras, quen nunca estivera antes nun submarino soviético.

Escoitamos a Talking Heads con su Psycho Killer na sala de radio, e logo tivemos fondos musicais de Rage Against the Machine con "Killing in the name", Bob Dylan con "Hurricane Carter", "Jim Jones Revue con "Killing Spree", Robert Palmer con "Simply Irresistible" e tamén un relato de Edgar Allan Poe. Pasámolo moi ben, pero sen vós non sería o mesmo.