Listen

Description

De volta ao duro traballo de manexar un submarino nucelar soviético de pura cepa. Volvemos cunha nova tempada chea de seres tentaculares, dentes de ferro, polonio en dosis familiares e mil e unha noites de maxia, misterios e diversión. Hoxe tocaba lembrar aquelas sagas, infumentas ou non, que son inesquecibles. Sagas literarias, de película ou de videoxogos que paga a pena lembrar por boas ou por malas.

Entrevistamos a Nieves Delgado, escritora de ciencia ficción, que presentou o seu último libro na lexendaria Alita.







Limos a Mark Twain na nosa biblioteca, escoitamos a música Prince e o seu coñecido Bat Dance e na inmersión falamos de sagas vikingas, de sagas míticas dos videoxogos como Ultima, de Divinity, de Sharknado, de Critters, de Blade Runner 2049, de Rili Escor e de moitas cousas máis.

Tamén trouxemos a música de Duke Nukem, de Black Invargs versioneando a Pippi e do Reggae Sharknado.

Non deixes de escoitarnos.