Listen

Description

No programa de hoxe o suspense, a investigación e o misterio viaxou no submarino para falar de Noir e para investigar a desaparición da nosa gloriosa camarada Capitana Svetlana Ibárruri a quen Lenin teña sempre baixo a súa protección. Si, falamos de noir, do xénero negro, de películas, cómics, series, videoxogos e, por suposto, literatura, contando nada máis e nada menos que coa gloriosa escritora coruñesa, Nieves Abarca, quen nos falou de novela negra e dunhas fantasías un tanto peculiares. Tamén limos un fragmento do libro "O Soño Roubado", da escritora Alexandra Marínina.





Tamén tivemos a música de Henry Mancini, con "Pink Panther" e "Inspector",  de Belladonna con "Love me Till I Die", Scott Bradley and the modern jukebox, con "Oops I did It Again", e moitas cousas máis, non sen certa dificultade. Falamos de Mugsy, de La Noire, de Cine Negro...encántanos o Noir, encántanos que nos escoitedes nunha noite de treboada coma esta. Gracias por estar aí.