Listen

Description

Nun universo paralelo, o comunismo sería derrotado e o capitalismo camparía rampante sen ter a unha Unión Soviética como Lenin Manda para facerlle fronte. Pero no mundo real as cousas son diferentes. Por iso gústannos tanto os universos alternativos, porque permiten distorsionar a realidade. Diso falamos no programa, dos mundos paralelos nos medios que nos molan.



Por iso falamos coa gloriosa Eugenia suárez, directora de Arte da non menos gloriosa compañía galega de videoxogos Gato Salvaje, que traballan agora mesmo nun novo título chamado The Waylander. Tamñen tivemos a música dos Red Hot Chili Peppers na sala de radio e os fondos musicais de Amplifier, con "Rainbow Machine", e The Church, con "Parallel Universe".

Pasámolo moi ben, pero sen vós non sería o mesmo. Gracias por estar aí.