Hoxe tivemos unha singladura polo mundo do biopunk, da biotecnoloxía para mellorar as nosas vidas, ou das persoas que poidan pagar esas melloras, que é o que pasa no capitalismo. Nada que ver coa gloriosa terra nai onde as melloras xenéticas xa veñen de serie. Falamos de biopunk e literatura tamén con Xosé Duncan, escritor e camarada que volve ao submarino cun nobo libro ao lombo.
Tivemos a música de Beck, The Mutants e Incubus, falamos de Aeon Flux, de Gattaca, de Resident Evil e de moitas cousas máis. E pasámolo moi ben nesta viaxe, coma sempre. Gracias por estar aí.