Non rexeitamos a oferta para facer un programa adicado á mafia, pero non á mafia do PP, se non á mafia elegante, con clase e profesional que atopamos nas numerosaso bras de literatura, cómic, videoxogos e series. O submarino púxose escuro para escoitar a música dos anos 20 en casinos, bares clandestinos, fumadeiros de opio e outros lugares de dubidosa reputación.
Subimos a bordo ao filósofo e escritor Xan Eguía para que nos conte cousas de ciencia ficción desde unha curiosa perspectiva de xénero, e tamén tivemos a música de Benny Goodman, Dean Martin e algunha que outra máis. Pasámolo moi ben na nosa viaxe, pero non sería o mesmo sen vós.