Seres adorables como os cans do inferno, mordisquiños, o osiño Misha, Shere Khan ou os gremlins, viaxaron con nós nunha singladura chea de historias peludas. As nosas vidas serían moi diferentes sen as nosas adorables mascotas. Tivemos música dos Beach Boys, de Sublime e de Hellhound Syndicate, ademáis da banda sonora de "A Illa dos Cans".
E tamén contamos coa presencia de Patricia Suárez, pertencente ao servizo de seguridade da Estrada e integrante da unidade de rescate canina. Como adestradora, claro. Logo falamos de cousas de moito falar, con música e risas, pero non sería o mesmo se non estiverades aí.