Do deporte tamén se sae. Na URSS somos potencia deportiva, a gloriosidade soviética tamén chega ao deporte e, por suposto, ao noso submarino. Por iso navegamos polas historias máis sorprendentes do mundo dos deportes, sen doping, só cun pouco de Vodka mesturado con Plutonio. Ou cervexa, depende. Tamén tivemos ao responsable da área deportiva do club de fútbol gaélico fillos, e fillas, de Breogán, Pedro Villarino, que nos contou cousas deste misterioso deporte.
Escoitamos a Queen montando en Bicicleta, a Metallica con "Enter the Sandman", unha canción que poñen en moitos estadios de Baseball nos EEUU en referencia a un xogador dese estrano deporte por turnos, e a Los Piojos cantando "Marado". Pasámolo moi ben, pero lembrade que do deporte tamén se sae, só é cuestión de forza de vontade.