Listen

Description

Roubar non está ben, pero cando falamos de roubos de luva branca estamos a falar da arte que ten roubar sen deixar pegada, sen violencia, facendo inxeniosos plans para poder entrar nos sitios máis inaccesibles e saír cun botín. Roubar bancos, grandes empresas ou casinos non é máis que un acto de solidariedade, de reparto xusto dos recursos. É por iso que hoxe falamos deses roubos e das historias que hai detrás.

Entrevistamos ao glorioso e prolífico escritor Félix Carreira que acaba de presentar o libro "Los Caballeros Negros y la Corono Verde", que ademáis repetiu no submarino, tivemos a música de Jane's Addiction, The Clash e Robbering Daylight, e tamén limos un relato relator e falamos dos roubos no cine, literatura e videoxogos. Pasámolo moi ben, pro non sería o mesmo sen vós.