Aproveitamos o solsticio de verán para falar de lume purificador, das grandes historias que xurden ao carón dunha cacharela comendo sardiñas, e tamén das grandes historias da literatura, cine, cómic e videoxogo que xurden aproveitando esta abraiante reacción química. Pero co lume hai que ter coidado, así que falamos coa bombeira Susana Pedreira, do corpo de bombeiros da Coruña, para saber como facer co lume.
Tamén tivemos a música de Billy Joel, Social Distortion e The Pixies, e falamos de moitas cousas mentres enchíamos o bandullo de queimada de Vodka. Pasámolo moi ben, pero nada sería o mesmo sen vós.