Listen

Description

Despois do sabotaxe infame de San Caetanus o pasado venres, amañamos o submarino para dar guerra de novo nas xélidas augas do río Monelos. Hoxe tiñamos que falar de terror, porque xa case estamos no Samaín, pero do terror espacial, o terror ptovocado por alieníxenas que entra nas naves a facer a vida imposible á tripulación. Ben sabemos diso no submarino.



Escoitamos ao grupo extraterrestre Man or Astroman? dando lume co seu surf-punk-rock  e o tema "Antimatter Man", guitarreiro a tope. Limos "Dentro do Leviatán" de Richar Paul Russo, un libro temendo que ten bispos e naves espaciais, e tivemos a sorte de contar coa vicepresidenta da Asociación Astronómica Ío, Carmen Denébola, quen nos contou cousas moi interesantes da astronomía.

E, por suposto, non faltou a música, nesta ocasión soaron:



Fear Factory, "Hunter Killer"

Alain Goraguer, "Deshominisation"

Voivoid, "Jack Luminous"



Gracias por escoitarnos.