Sacamos o submarino a pasear pola batcova para poder falar de Batman, un dos superheroes capitalistas que nada poden facer contra a Nai de Lenin. Batman, o home morcego, o millonario atormentado polo asasinato dos seus pais, o superheroe máis escuro do planeta, pasou sixilosamente polo noso programa.
Tivemos a versión do tema da serie de Batman interpretado por The Who na nosa sala de radio, e limos na biblioteca o fragmento do libro "O Morcego", de Jo Nesbø, o autor noruegués metaleiro. E íamos ter a presencia da lenda vivinte David Rubín, pero un contratempo de última hora impediulle acceder pola nosa escotilla. Outra vez será.
E logo na inmersión todo foron risas e abrazos falando do cómic, das películas e das series de Batman.
Soaron:
Snoop Dog, "Batman and Robin"
The Jam, "Batman Theme"
Dany Elfman, "Batman Theme, 1989"
Gracias por seguir aí unha semana máis.