Listen

Description

Seguimos a nosa singladura polo mar de seres infames para achegarnos ao mundo das grandes traizóns, unha práctica que levamos anos padecendo na Unión Soviética. Traidores que usaron a confianza posta neles para saírse coa súa sen importarlles o dano causado. E falamos desas persoas no mundo da literatura, cine, series e videoxogos. Tamén falamos co glorioso historiador Suso Martínez, quen fai guías turísticas teatralizadas que teñen gran éxito.



Puxemos a música de Bob Dylan, Black Label Society, Godsmack e a banda sonora de "A Rede Social". Pasámolo moi ben e non nos sentimos traizoados por vós, que estades aí fora na superficie.